Digicraft
Este curso o IES de Mugardos participou no proxecto DigiCraft cós alumnos de 1º de ESO utilizando actividades prácticas e lúdicas para explorar aspectos cruciais da cidadanía dixital.As actividades foron as seguintes:
Cotillas Virtuais introduce o concepto de privacidade en liña a través da investigación dun personaxe ficticio nunha contorna virtual, mostrando a facilidade de recompilar información persoal.
Inicia sesión en Laikit examina o impacto dos "likes" en redes sociais mediante o deseño e votación de miniaturas, seguido dunha reflexión sobre como inflúen nas decisións e emocións, e a cantidade de información persoal que se revela en liña.
Desarmando o odio con coñecemento aborda o discurso de odio, a súa propagación e como combatelo. Os alumnos identifican información crave e participan nun videoxogo para mellorar a "netiqueta" dun personaxe virtual.
Verdade ou mentira? desafía aos alumnos para identificar noticias falsas, aprender estratexias de verificación e reflexionar sobre a importancia do pensamento crítico antes de compartir información.


Blogs relacionados
- Que actividade tan chula fixeron os alumnos de 1º...
- A semana cultural do IES de Mugardos estivo a...
- Na aula de Tecnoloxía, o alumnado de 1º da ESO...