Acceder

TÁBOA PERIÓDICA FEITA CON IMPRESORA 3D EN COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Os membros do Grupo de Polos e algúns compañeiros do Claustro asistimos a un curso de Modelado e Impresión 3D impartido pola Universidade da Coruña. Fixémolo coa intención de aproveitar a impresora 3D que ía chegar ó noso centro, mais aínda non chegou.

 

2C3E7644-8176-4AA7-B783-96EB85187A8D.jpeg

 

Tivemos a sorte de que a Universidade da Coruña ofreceunos unha en préstamos e tambén ofertounos a posibilidade de facer material e resursos coa súa colaboración. Aínda que non podemos ensinarvos o resultado final, ensinámosvos o prototipo que deseñamos coa súa axuda e que tiveron a ben imprimir na propia UDC. Con este prototipo levamos xogando en clases de Química de 2º de ESO dende o pasado mes de marzo, xa que a psobilidade de montalo como se fose un puzzle ofrece un amplo abanico de posibilidades.

 

image

O resultado final terá unhas dimensións maiores, en torno ós 10-12 cm de lado, incluirá a masa atómica e a cor de fondo dependerá do grupo de elementos ó que pertenza cada un. Estimamos recibilo a finais de xuño, principios do mes de xullo.

 

image