Acceder

Números 3D en Educación Infantil (3 anos)

Coa colaboración da Universidade da Coruña, xeramos o prototipo que vedes a continuacón. Trátase de números en 3D fáiclmente manipulables  que permiten aprender xogando ós nosos nenos e nenas de 3 anos.

 

WhatsApp Image 2025-05-09 at 20.54.54 (2).jpeg

 

En clase realizamos unha serie de actividades moi enriquecedoras e lúdicas ao redor dos números, utilizando pezas grandes impresas en 3D. Comezamos cunha proposta manipulativa na que os nenos e nenas atoparon os números do 0 ao 9 revoltos no chan. Aos poucos, entre todos, fomos localizándoos e ordenándoos segundo a serie numérica, favorecendo así a comprensión da orde e a secuencia.

 

WhatsApp Image 2025-05-09 at 21.24.50 (2).jpeg

 

A continuación, traballamos a psicomotricidade fina e a coordinación tentando poñer os números de pé. Xogamos a construír pequenas torres con eles, o que ademais fomentou o traballo cooperativo e a creatividade.

 

WhatsApp Image 2025-05-09 at 20.54.55.jpeg

 

Máis tarde, vinculamos os números co proxecto do mercado que estamos a desenvolver na aula. Cada neno/para recibiu un número e tivo que acudir ao mercado montado en clase para recoller a cantidade exacta de alimentos correspondente a ese número. Esta actividade permitiu reforzar o concepto de cantidade dunha maneira vivencial e significativa.

 

WhatsApp Image 2025-05-09 at 21.24.51.jpeg
 

 

Por último, realizamos unha actividade específica de recoñecemento numérico, onde nos centramos en identificar visualmente os números, sinalándoos e nomeándoos en grupo, promovendo así o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático desde a experiencia directa.

 

WhatsApp Image 2025-05-09 at 21.24.52 (1).jpeg

 

Foi unha xornada moi motivadora na que, a través do xogo, o movemento e a manipulación, os nenos e nenas seguiron afianzando a súa relación cos números de forma natural e divertida.