Acuario numérico
Este foi un dos proxectos que dende a materia de Proxecto Competencial de primeiro da ESO se desenvolveron durante este curso no Polo. Está basado nos xogos de pesca e nas probas de cifras do concurso de televisión “Cifras e Letras”.

O funcionamento é o seguinte: Cando pulsamos o botón A da micro:bit se nos mostra un número aleatorio entre 11 e 99. Ao pulsar o botón B empeza a contar un temporizador que nos da un trinta segundo para intentar pescar os números precisos para, facendo as catro operacións básicas: suma, resta, multiplicación e división; chegar a obter o noso número obxectivo. Unha vez rematado o tempo, gaña o que consiga aproximarse máis no menor tempo posible. Pulsando o Logo da micro:bit podemos xirar o taboleiro para repoñer os números ás súas celas.

Como xa se dixo na descrición, o control do xogo está programado nun microcontrolador micro:bit que está conectado a través dunha placa controladora con un motor paso a paso que é o encargado de facer xirar o taboleiro.

Tanto a caixa como as pezas e os números están cortados e impresos coa cortadora láser Mr. Beam.
Blogs relacionados
- Proxecto realizado por alumnado da materia de...
- Ofrecimos aos distintos grupos a posibilidade de...
- Realizamos distintos traballos de deseño gráfico,...
- Cos distintos grupos cos que traballamos no Polo...