Acceder

As Crocs de Van Helsing ou "O Vampiro Zapatilla"

Outro xogo desenvolvido na materia de Proxecto Competencial de primeiro da ESO. Trátase do típico xogo do Waka-Mole, onde os topos son substituidos por vampiros e o martelo por unha zapatilla.

image

Creamos os controles cunha caixa cortada coa cortadora láser Mr. Beam e coa parte baixa de cinco latas de refresco, nas que pintamos o fondo de negro para que parecesen buratos. Estas últimas están conectadas mediante cables coas distintas entradas dunha placa “MaKey MaKey”, concretamente coas letras w, a, s, d e f. A masa da placa está unida mediante un cable coa zapatilla “Crock” impresa en 3D coa impresora Creality K1. Dado que o plástico co que está impresa a zapatilla e aislante, se pintou a suela da mesma con pintura conductora e se realizou a unión co cable a través dun terminal atornillado no plástico.

image

O xogo está programado en Scratch e nel se dispón dunha barra de enerxía con forma de xiringa, dun contador de vidas e un marcador que recolle os puntos acumulados. Se golpeamos por erro a un xogador de baloncesto se nos restan puntos e se non golpeamos a tempo aos vampiros se nos resta enerxía. Cada vez que vaciamos a barra de enerxía perdemos unha vida.

image

Blogs relacionados