💦 Festa da auga no primeiro ciclo!🥳⭐️
O alumnado de 1º e 2º de Primaria desfrutou hoxe dunha actividade refrescante e moi divertida: a refrescante festa da auga ramalloseira!💦🔫

Aproveitando un día soleado e de moita calor, organizamos no patio unha xornada pasada por auga. Mangueira, cubos, pistolas de auga e moitas ganas de pasalo ben fixeron que fose unha mañá inesquecible.

Risos, carreiras e moita auga por todas partes foron os protagonistas desta festa tan especial coa que despedimos o curso como máis nos gusta: xogando e compartindo momentos cos compañeiros e compañeiras.
Así dá gusto rematar o curso!🏫😎



