Acceder

📚 Visita dun axente ambiental 🌳🦌

Este mes tivemos outra visita moi especial no cole. O alumnado recibiu a visita dun axente ambiental, que lles explicou moitas cousas importantes sobre o coidado da natureza e a prevención dos incendios forestais. 

image

Aprendemos como debemos coidar os nosos montes, o perigo que supoñen os incendios e tamén cal é o traballo que fan os axentes ambientais no seu día a día. Explicounos que eles traballan en equipo, teñen vehículos especiais para desprazarse polos montes e para apagar incendios e utilizan diferentes 

image

ferramentas para axudar a protexer a natureza. Todo isto explicado a través do libro “Os Bolechas”. Foi unha maneira divertida e educativa de entender mellor todo o que nos contaron. Ademáis, veu acompañado de dúas tartarugas semiacuáticas! 🐢🐢

image

Grazas a Santi pola súa visita e por ensinarnos que todos e todas podemos axudar a coidar o noso entorno. Agora sabemos que, se coidamos a natureza, tamén nos coidamos a nós!