Listaxe provisional de candidaturas seleccionadas para a mobilidade de alumnado a Portugal
A coordinación de programas internacionais recibiu 23 solicitudes de alumnado para participar na mobilidade de observación a bibliotecas escolares e municipais das Cidades de Entroncamento e Lisboa, en Portugal.
As solicitudes foron avaliadas, aplicando os criterios de selección que se publicaron neste blog cando se anunciou esta oportunidade. Preme nesta ligazón para consultar a listaxe provisional das candidaturas avaliadas, ordenadas segundo a súa puntuación. As cinco persoas que acadaron a puntuación máis alta, marcadas en verde no documento, son as candidaturas seleccionadas para esta mobilidade.
No caso das persoas que acadaron a mesma puntuación total, aplicouse como criterio de desempate a puntuación acadada na segunda categoría dos criterios de selección, xa que é onde se avalían as cuestións máis relacionadas co labor da biblioteca escolar.
No caso de que algunha das persoas seleccionadas renuncie, contactarase coas seguintes persoas por orde de puntuación, para ofrecerlles a oportunidade.
O prazo de renuncia, revisión ou reclamación a esta listaxe provisional remata o venres 31 de xaneiro ás 12 do mediodía. Para solicitar a revisión será necesario contactar coa coordinación de programas internacionais por correo electrónico: eoi.lugo.programas.internacionais@edu.xunta.gal. Deberán xustificarse as alegacións presentadas.