Acceder

Listaxe definitiva de candidaturas seleccionadas para a mobilidade de alumnado a Portugal

    EOI DE LUGO

    Rematado o prazo para renuncia, revisión e reclamación, xa podemos anunciar a decisión da coordinación de Programas Internacionais de incluír unha sexta mobilidade de alumnado como solución ao empate de puntos resultante do proceso de revisión de candidaturas. 

    Dentro deste prazo, recibimos unha solicitude de revisión, debidamente xustificada, que se tivo en conta. Con esta nova situación, as persoas que ocupan o quinto e o sexto lugar teñen o mesmo número de puntos en todas as categorías.  Na listaxe definitiva, aparecen, polo tanto, seis persoas seleccionadas. Preme nesta ligazón para consultar a listaxe definitiva das candidaturas avaliadas, ordenadas segundo a súa puntuación. 

    Para podermos garantir que seis alumnas e alumnos poidan participar nesta mobilidade de observación a bibliotecas públicas de Portugal, optimizaremos o orzamento previsto o máximo posible.

    Parabéns ás persoas seleccionadas. Contactaremos con estas persoas e convidarémolas a participar nunha reunión informativa prevista para a segunda semana de febreiro.