Vida saudable e Cultura Clásica no IES de Bande
Co obxecto de educar en valores que preserven a saúde integral, tendo en conta a herdanza clásica, elaborei co programa canva unha infografía con algunhas indicacións para o alumnado co fin de localizar, xestionar e comunicar contidos dixitais de calidade para a comunidade educativa de 3º ESO.
A metade do alumnado que teño en Cultura Clásica, procede do Programa de Diversificación Curricular, e coa intención de establecer unha estratexia de pescuda de contidos dixitais en repositorios educativos en liña (recursos DIXIT, espazoABALAR, universidades nacionais, editorial Anaya, e o Proxecto Ende no que participa un profesor do IES, que consiste nun dicionario ilustrado de termos artísticos en galego, dixital, interactivo e accesible con licenza Creative Commons BY-SA 4.0, https://recursos.edu.xunta.gal/sites/default/files/recurso/1639064116/index.html), elaborei a presente infografía que serva de axuda polas súas pautas para procurar un repositorio específico onde atopar contidos válidos e exemplos concretos.
Para avaliar a veracidade da información, a calidade técnica e relevancia dos contidos dixitais, establecéronse estes criterios de calidade atendendo á licenza en uso, a súa aplicación en contextos de aprendizaxe e a criterios de accesibilidade.
Comentarios
Velaquí o blog sobre Vida saudable e Cultura Clásica no IES de Bande, onde aparecen contidos dixitais e unha infografía con pautas para poder traballar sobre este tema.