Creación e modificación dos contidos dixitais sobre Vida saudable e Cultura Clásica
Despois de presentar no blog asociado á páxina na que se fai a proposta didáctica de “Vida saudable e Cultura Clásica”, coas estratexias de procura adecuadas para localizar contidos dixitais para o ensino de Cultura Clásica, no curso de 3º ESO, agora fago referencia á creación e a modificación de contidos dixitais.
Con este obxecto elaborei un proxecto de actividade titulado "Vida e saúde" co programa canva, que segue o seguinte índice: portada, índice, título da tarefa, descrición xeral, perfil da aula, contido, estratexia didáctica, recursos, meta pedagóxica e final.
Penso que o seu seguemento consigue introducir ao alumnado no concepto da vida saúdable tal como a entendían en Atenas e Roma, coñecer as deidades, prácticas para o coidado do corpo e da mente, e a influencia positiva desta herdanza nos tempos actuais.
Cunha selección axeitada dos recursos dixitais referidos, con pensamento crítico reflexivo, o alumnado poderá valorar aínda máis o valor da hixiene, a alimentación, o exercicio físico, o benestar mental e a saúde en xeral como un fin en sí mesmo necesario e valioso para o porvir da persoa.
Coa axuda dos docentes como meros guías e mediadores, o alumnado organizado en dous pequenos grupos cooperativos desenvolverán a estratexia de aprendizaxe chegando con éxito a meta pedagóxica.
Comentarios
Dentro do tema de debate, Vida saudable e Cultura Clásica, fago referencia á creación e modificación dos contidos dixitais cunha presentación elaborada en canva, penso que de interese para esta proposta didáctica.