Acceder

MOI URXENTE: Problemas de Acceso a Agueiro

Onte traballei con Agueiro con total normalidade. Hoxe tento entrar, pero xa non  aparece o enlace que te redirixe á versión antiga de "Agueiro" que é onde teño todo o meu traballo almacenado. 

Hai meses xa me dirixín a agueiro@edu.xunta.gal para preguntarlles que tiña que facer para pasar todos os meus contidos á versión nova de Agueiro, pero nunca obtiven resposta. 
Agora xa nin podo acceder á versión antiga e voltei a dirixirme a eles, pero aínda non obtiven resposta alguna. 

Se alguén sabe que teño que facer ou como podo obter a información que preciso, agradecería que vos puxérades en contado comigo.

Grazas de antemán.
 

Comentarios

Debes estar rexistrado para poder comentar.

    • Alberto José Álvarez Mariño

      Boas,

      Que eu saiba, o Agueiro vello segue no mesmo sitio dende que activaron este novo Agueiro:

      https://agueiroanterior.edu.xunta.gal

      Debes estar rexistrado para poder comentar.

        • María José González Román
          Comentario do propietario

          Boa tarde,

          Moitas grazas pola túa resposta. O que sucede é que dende hoxe a ligazón a Agueiro nova non aparece ao entrar na antiga e por iso, non podía acceder.

          Sabes qué hai que facer para trasladar todos os teus arquivos desde o Agueiro antigo ao novo?

          Grazas de antemán.

          Debes estar rexistrado para poder comentar.

            • Alberto José Álvarez Mariño

              Penso que non se pode facer unha exportación directa dos contidos dende un Agueiro ao outro, por algunha razón técnica que explicaron no seu momento pero que eu agora non recordo.
              Pero podes descargar no teu ordenador todos os teus contidos do Agueiro vello utilizando o menú “Xestionar - Exportar”. Este menú descarga no teu ordenador un ficheiro comprimido que contén todos os contidos que ti selecciones e ao descomprimilo xa podes navegar por eles no teu propio ordenador. 
              Aínda que deron o prazo dun ano para que cada un descargue o que queira, eu xa descarguei todo a primeira semana e funciona perfectamente.
              Despois podes volver a crear neste Agueiro novo os contidos que queiras a partir dos que descargaches.

              Debes estar rexistrado para poder comentar.

                • María José González Román
                  Comentario do propietario

                  Bo día,

                  Ante todo, moitas grazas polos teus comentarios. Sei como baixar os ficheiros que teño en Agueiro. O que non sei é como se suben ao novo, porque non atopo os mesmos apartados que no vello. Vin que hai un apartado chamado ficheiros, pero non ten o mesmo aspecto que o antigo… e por outra parte. Porse con todo isto é tamén cuestión de ter ou non ter tempo, e agora mesmo o tempo non me sobra, pero si necesito saber se a función de subir ficheiros de “Ficheiros” permite telos almaceados como na versión antiga. Espero que me poidas dicir algo. 

                  E de novo, moitas grazas.

                  Saúdos.

                • Alberto José Álvarez Mariño

                  Eu teño a impresión de que este novo Agueiro non está pensado para ser utilizado como plataforma de almacenamento na nube. Está plantexado desde un punto de vista diferente ao anterior.
                  Se o que queres é unha plataforma corporativa de almacenamento na nube, podes probar a plataforma “BoxAbalar”:
                  https://boxabalar.edu.xunta.gal
                  Non sei se xa está operativa para todo o profesorado ou hai que solicitar acceso.

                  Debes estar rexistrado para poder comentar.