Acceder

Importar contidos dende o Agüeiro anterior

¿Alguén ten idea de como facer a importación dos contidos que tiñamos publicados no Agüeiro anterior? Mahara permite exportar os contidos en formato LEAP2A e en formato HTML, en ámbolos dous casos xera un arquivo ZIP, pero non atopo ningunha axuda nin ferramenta que permita facer a importación. Probei a subir o arquivo ZIP aos meus ficheiros privados no novo Agüeiro por ver si así aparecía a opción de importación pero parece que non é ese o camiño. Informareivos si se me ocorre algunha outra cousa máis.

Supoño que rematarei por atopar algunha forma de facelo, pero mentres tanto deixo aquí o enlace ao material que tiña no Agüeiro anterior.

Comentarios

Debes estar rexistrado para poder comentar.

    • Luz

      Eu preguntei sobre a migración de contidos e indico a resposta que me deron:

      Ao tratarse dunha arquitectura de software diferente, a migración automatizada ou masiva de contidos non é posible e por esta razón as dúas plataformas coexistirán no tempo durante un ano para que os usuarios poidan incorporar os contidos que desexen desde unha plataforma a outra.
       
      Pódense descargar os contidos que se desexe en dous formatos (Menú = Exportar):
       
      Formato HTML: Permite descargar os contidos comprimidos nun ficheiro ZIP, para posteriormente descomprimilos e traballar en local (no seu ordenador persoal).
       
      Formato Leap2A: Permite descargar os contidos neste formato, para poder importalos posteriormente en calquera outra plataforma que admita este formato de importación.
       

       
      Como alternativa e/ou como "solución parcial":

       
      1.- Unha vez descargada (exportada) unha páxina do "Agueiro anterior" en formato HTML, o usuario pode editar cun editor de texto sen formato o ficheiro “index.html” que corresponde a esa páxina e que atopará dentro do cartafol unha vez descomprimido.
      2.- A continuación, o usuario seleccionará e copiará todo o contido, todo o código (en modo texto sen formato) dese ficheiro “index.html”.
      3.- Por último, o usuario creará unha nova páxina en branco no "novo Agueiro" e despois de pulsar o botón “< > Orixe” do editor de texto, pode pegar todo o que acaba de copiar anteriormente.
       
      Con este método, despois de gardar os cambios, a páxina orixinal reproducirase exactamente no novo Agueiro (incluídos os formatos de texto, estilos, … etc), exceptuando as imaxes e outros elementos multimedia (se existían) que deberán ser engadidos de forma manual posteriormente.
       
      • Manuel Cuervo Soto
        Comentario do propietario

        Seguindo o consello de ChatGPT ao final optei por copiar as páxinas e blogs da conta vella de Agüeiro á nova mediante o código fonte das mesmas. Abrín cada un dos Agüeiros nunha ventá distinta e fun copiando e pegando o html. No vello esta en <> e no novo en Orixe. Tiven que descargar as imaxes dende os ficheiros do Agüeiro vello e volvelos enlazar no código novo. Tamén teño que revisar as ligazóns que facían referencia a outras páxinas de Agüeiro e sustituilas polas súas equivalentes na nova plataforma. Por sorte so tiña unha ducia de páxinas, pero a verdade é que de momento da un pouco de medo poñerse a subir contidos porque está esto moi parado e igual a alguén se lle ocorre vovler a cambiar de plataforma.