Acceder

Tip 2. Dividir en anacos manexables pola cortadora láser en Inkscape.

Os límites de corte na cortadora láser andan por 50x40 cm. Cando temos que cortar pezas máis grandes podemos creala peza, e logo axustar o tamaño do papel a 500x400 mm e ir movendo a peza e gardando distintas versións do arquivo coa peza colocada nas distintas posicións. Pero hai unha maneira máis rápida é precisa: trátase da opción de exportar do menú ficheiro. Como formato de saída eleximos Inkscape SVG e na lapela Custom podemos especificar as dimensións en milímetros, centímetros ou pulgadas, así como as coordenadas do inicio da parte que queremos exportar.