Proposta didáctica: A paisaxe galega a través da fotografía
Etapa/Ensinanza a que vai dirixida:
Educación Primaria – 5º curso.
Temporalización:
Mensual (organizado por semanas, dentro dun único mes)
Descrición da actividade:
O obxectivo principal desta proposta é que o alumnado coñeza e valore a paisaxe galega a través da observación directa e a fotografía. Durante un mes, organizaranse saídas ao contorno do centro educativo para que os nenos e nenas poidan fotografar elementos da paisaxe natural e humanizada.
Cada semana, o alumnado escollerá unha das súas fotografías e publicaraa no Blog da aula, acompañado dunha pequena reflexión ou descrición. A actividade fomenta a observación, a expresión escrita e a competencia dixital. Ao rematar, elaborarán un pequeno mapa colaborativo onde situarán as fotos utilizando Google Maps, compartindo a ligazón na páxina.
Ferramenta de Agueiro empregada:
Blog, onde se publicarán as fotografías e reflexións semanais.
Comentarios
Proposta final do curso agueiro.