Diversión con bandeiras!
Seguro que moitos de vós coñecedes a Sheldon Cooper e o seu programa de Diversión con bendeiras! Neste caso seredes vós os que teñades que investigar sobre a bandeira do país Europeo que vos toque e compartir no blog de Agueiro e na clase a información que recadedes.
PRPOPOSTA DIDÁCTICA:
Esta proposta vai dirixida ao alumnado de 6ºEP e terá unha duración dun mes (4 semanas)
Para poder realizala empregarase varias ferramentas de Agueiro: páxina e blog.
O obxectivo principal desta proposta é que o alumnado coñeza os diferentes países da UE a través da investigación do resto dos seus compañeiros e valore a cultura e tradicións destes países. Na primeira semana sortearase un país para cada alumno (son 26, quitaremos España que todos xa coñecen e así todos terán un país diferente), terán que crear a bandeira do país que lle tocou e sacarse unha fotografía con ela.
Na segunda semana buscarán información orientada do seu país (capital, idiomas, moeda, gastronomía, clima, número de habitantes, superficie e algún dato de interés que lles chamara a atención cando estiveron a investigar sobre el).
Na terceira semana, o alumnado publicará no Blog da aula a súa foto e texto coa información recadada. A actividade fomenta a observación, a expresión escrita e a competencia dixital.
Na derradeira semana expoñerán na clase coa súa bandeira na man e co blog na pantalla dixital todo o que aprenderon do seu país. Ao rematar, elaborarán un pequeno mapa colaborativo onde situarán as súas fotos coas bandeiras dos distintos países en Google Maps, compartindo a ligazón na páxina.
Comentarios
Proposta didáctica: