Acceder

Taller para coser bolsas de merenda

Participamos no reto ambiental “Recreos Residuos Cero” para fomentar o consumo de froitas a a redución dos plásticos nas merendas no patio.

Organizouse na clase de 3º de primaria un taller para coser bolsiñas de tela para que o alumnado as usen unha e outra vez para levar os bocadillos e a fruta do día. A finalidade é conseguir o reto de residuos cero fomentando o uso de envases reutilizables. A actividade realizouse en tres sesións na aula onde o alumnado primeiro escolleu a tela que máis lle gustou. A continuación mediron con cintas métricas e marcaron a tela o tamaño que se indicou para cada bolsa. Antes de coser as bolsas cortaron individualmente e coa axuda da titora as bolsiñas. Finalmente o alumnado aprendeu o funcionamento da máquina de coser. O produto final foron as bolsas de tela para a merenda.

 

image
image
image
image
image
image
image
image