A CLAVE DA ÁRBORE - Videoxogo para infantil e primeiros cursos de primaria

A Clave da Árbore é unha aventura interactiva ambientada no máxico "País dos Musicotrasnos". Nesta entrega, dirixida a un público de menor idade, os xogadores acompañarán un grupo de nenos e nenas na súa misión para salvar a Gran Árbore da Harmonía, fonte de vida e música da vila de Oseira. A través de desafíos rítmicos, exploración e actividades musicais, os xogadores aprenderán sobre diferentes tipos de instrumentos, ritmos e a importancia da música na cultura tradicional galega.
O videoxogo está pensado para ser traballado ao longo do curso alternando a partida no seu modo historia con contidos de carácter manipulativo e práctico. Está dividido en tres capítulos, un para cada trimestre. Nas guías didácticas de cada capítulo pódese atopar toda a información sobre o xogo e como traballalo, así como propostas de actividades prácticas, escritas e cun montón de materiais adicionais para intercalar cos momentos de videoxogo.
GUÍA DIDÁCTICA - Capítulo 1 A raíz do problema (1º trimestre) | GUÍA DIDÁCTICA - Capítulo 2 A resonancia do talo oco (2º trimestre) | GUÍA DIDÁCTICA - Capítulo 3 A harmonía das folas (3º trimestre) |
![]() | ![]() | ![]() |
NOVIDADES E ACTUALIZACIÓNS NO BLOG D'A CLAVE DA ÁRBORE:
________________________________________________________________________________________________________________________________________
🌳 A CLAVE DA ÁRBORE | Videoxogo educativo en galego Unha aventura interactiva para infantil e primeiros cursos de primaria, onde a música é a clave da aprendizaxe 🎶
🎮 Xoga agora:
👉 Videoxogo na web da Xunta https://recursos.edu.xunta.gal/recurso/clave-da-arbore?ref=https://www.google.com/&rel=1
📚 Descubre todos os materiais didácticos:
📦 Portfolio completo https://agueiro.edu.xunta.gal/pages/view/36578/a-clave-da-arbore-videoxogo-para-infantil-e-primeiros-cursos-de-primaria
👤 Autor: Noé Rañón
🔗 Enclave de Mestre - Portfolio https://agueiro.edu.xunta.gal/pages/view/36574/enclave-de-mestre-noe-ranon
📲 Sígueme nas redes:
📺 YouTube: @Enclavedemestre
🐦 Twitter/X: @enclavedemestre https://x.com/enclavedemestre
📸 Instagram: @enclavedemestre https://www.instagram.com/enclavedemestre/
💌 Contacto para coles, formacións ou colaboracións: noe.ranon@edu.xunta.gal