Sustentabilidade aplicada ao proceso produtivo

A sustentabilidade aplicada ao proceso produtivo refírese á integración de prácticas que reduzan os impactos ambientais, promovan o benestar social e aseguren a viabilidade económica a longo prazo. Trátase de producir bens e servizos de maneira eficiente, responsable e consciente.
🎯 Obxectivos da proposta:
- Identificar os aspectos ambientais, sociais e de gobernanza (ASG) relativos á sustentabilidade tendo en conta o concepto de desenvolvemento sostible e os marcos internacionais que contribuen a súa
- consecución.
- Caracterizar os retos ambientais e sociais aos que se enfrenta a sociedade, describindo os impactos sobre as persoas e os sectores productivos e propoñendo accións para minimizalos.
- Establecer a aplicación de criterios de sustentabilidade no desempeño profesional e persoal, identificando os elementos necesarios.
- Propoñer productos e servizos responsables tendo en conta os principios da economía circular.
- Realizar actividades sostibles minimizando o impacto das mesmas no medio ambiente.
- Analizar un plan de sustentabilidade dunha empresa do sector, identificando os seus grupos de interese, os aspectos ASG materiais e xustificando accións para a súa xestión e medición.
🛠️ Actividades principais:
- Análise de hardware sostible: Avaliación do consumo enerxético de diferentes compoñentes e elección de alternativas eficientes.
- Estudo de caso real: Investigación sobre centros de datos e o impacto do cloud computing no medioambiente.
- Virtualización e eficiencia: Comparativa entre máquinas físicas e virtualizadas respecto ao consumo.
- Creación dun plan sostible de infraestrutura de rede: O alumnado propón unha solución técnica optimizada.
- Debates en Agueiro: sobre green IT, obsolescencia programada, reciclaxe de dispositivos electrónicos.
- Blog colaborativo: Publicacións mensuais sobre temas relacionados con tecnoloxía e sustentabilidade.
- Proxecto final: Páxina colaborativa con proposta de mellora sostible aplicada a un sistema produtivo TIC.
🔗 Recursos complementarios:
- Web GreenIT: https://www.greenit.fr
- Calculadora de consumo: https://calculadora.cgate.es/index.asp
- Vídeos informativos sobre data centers sostibles: https://www.youtube.com/watch?v=mJyMCZgh2oI
🧰 Ferramentas de Agueiro empregadas:
- Páxinas: documentación da proposta didáctica. https://agueiro.edu.xunta.gal/pages/view/36579/sustentabilidade-aplicada-ao-proceso-produtivo
- Blog da aula: publicación periódica de contidos relacionados coa proposta. https://agueiro.edu.xunta.gal/blog/view/36596/sustentabilidade-marina
- Temas de debate: participación en temas semanais ou quincenais. Inclúese un debate activo no grupo GrupoAgueiro2T_MariaTajes . Participa aquí: https://agueiro.edu.xunta.gal/discussion/view/36593/e-realmente-sostible-a-tecnoloxia-que-usamos-a-diario
🏫 Etapa/ensinanza:
Ciclo Formativo de Grao Superior – 1º curso do ciclo de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR).
📅 Temporalización:
Anual – 1 sesión semanal ao longo do curso (total estimado: 36 sesións).