Geoguessr, unha ferramenta educativa
Geoguessr é un xogo dixital que consiste en adiviñar o lugar exacto que aparece na imaxe para marcalo nun mapa do mundo. A potencialidade educativa do xogo é grande porque desenvolve a observación e o razoamento. Ademais é un recurso valioso para a área de xeografía pois proporciona unha boa oportunidade para diferenciar paisaxes, construcións, toponimia, idiomas, etc.
Desenvolve a orientación porque o xogo integra un compás. Por exemplo, se coñecemos que no hemisferio sur o Sol sempre vai estar visible cara o norte xa podemos identificar se o lugar que aparece na imaxe pertence a un hemisferio ou outro. Sol no sur, hemisferio norte. Sol no norte, hemisferio sur. Este razoamento pode impulsar a aprendizaxe teórica deste paradoxo.
Pero ademais, se xa coñecemos a área aproximada na que está o lugar, e o mar está visible, pola orientación norte-sur podemos descubrir o sitio preciso. Por exemplo, mar ao norte nun lugar de España, o máis probable é que esteamos no Cantábrico: Santander, San Sebastián, etc.