Acceder

TECENDO ESCOLA

Este proxecto nace co propósito de crear un espazo de encontro profesional entre docentes en activo da provincia de Ourense, orientado á mellora da práctica educativa a través da reflexión compartida, a innovación pedagóxica e a construción conxunta de coñecemento.

As persoas participantes pertencen maioritariamente a centros de ensino público da provincia, con perfís diversos tanto a nivel de etapas educativas (infantil, primaria) como de especialidades. Esta diversidade enriqueceu o diálogo profesional e permitiu abordar a realidade docente desde múltiples perspectivas, fomentando un clima de colaboración, apoio mutuo e pensamento crítico.

A actividade desenvolveuse en formato de seminario intercentros, cun enfoque participativo e flexible, baseado no liderado compartido e na vontade de xerar produtos transferibles aos centros. Fruto deste traballo colectivo, elaborouse un portfolio colaborativo dixital, que recolle o percorrido formativo, as aprendizaxes e os materiais creados ao longo das sesións.