Acceder

METODOLOXÍA OAOA

OAOA é  un movemento plural e aberto formado por milleiros de docentes preocupados de mellorar a educación matemática e que comparten as súas ideas e actividades. Este movemento ten como obxectivo mellorar o razoamento lóxico-matemático e fomentar a autonomía intelectual do alumnado xerando un pensamento crítico e reflexivo na súa aprendizaxe.

Nútrese de diferentes autores como Mª Antonia Canals, Constance Kamii, Antonio Martín, Marcos Marrero, Josep Callís, José Antonio Fernández Bravo, ...

Baseámonos en 4 fases didácticas de aprendizaxe: vivencial, manipulativa, gráfica e simbólica.

- Vivencial: experimentación co propio corpo.

- Manipulativa: utilización de diferentes materiais para modelizar e concretar con maior claridade as ideas matemáticas.

- Gráfica: representación da fase manipulativa a través de debuxos, diagramas e esquemas.

- Simbólica: emprego da linguaxe matemática.