Que imos facer?
O alumnado de Educación Infantil e de 1º de EP vai experimentar o primeiro contacto co mundo dixital e a ofimática a través da aplicación "El Buho Boo". Trátase du reursos de xogos educativos que ten por obxectivo que as nenas e nenos aprendan a usar o ordenador: ensinaa presionar as teclas, mover o ratón, facer clic e arrastrar obxectos. Tamén ten xogos máis tradicionais como os de colorear e rompecabezas.
Persoas coordinadoras dos obradoiros:
- Celia Viña Molinos.
- Melisa Rial Nieto.
- Fernando González Bao.
Número de sesións estimadas: 2 sesións por grupo.
Número de participantes: 105 membros do alumnado.
CALENDARIO DE ACTIVIDADES
CONCRECIÓN CURRICULAR
Tomarase como referencia o DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
No devandito documento tamén se indica en relación á CD-Competencia dixital.
"Nesta etapa, iníciase o proceso de alfabetización dixital que supón, entre outros, o acceso á información, á comunicación e á creación de contidos a través de medios dixitais, así como o uso saudable e responsable das ferramentas dixitais. Ademais, o uso e a integración destas ferramentas nas actividades, experiencias e materiais da aula poden contribuír a aumentar a motivación, a comprensión e o progreso na adquisición de aprendizaxes das nenas e dos nenos."
Un dos obxectivos que establece este currículo é o seguinte
Obxectivo 2 (OBX2): Interpretar e comprender mensaxes e representacións apoiándose en coñecementos e recursos da súa propia experiencia para responder ás demandas da contorna e construír novas aprendizaxes.
Na Área de Comunicación e Representación da Realidade podemos ver que no Bloque 9. Alfabetización dixital se recolle o seguinte criterio de avaliación vencellado co citado obxectivo 2.
- CA9.2. Interpretar as mensaxes transmitidas mediante representacións ou manifestacións artísticas, ou en formato dixital, recoñecendo a intencionalidade do emisor e mostrando unha actitude curiosa e responsable.
- CA9.4. Coñecer e aplicar as normas básicas de uso das ferramentas tecnolóxicas: temposde utilización, contextos e momentos de uso, tipo de aplicacións, contidos axeitados
En relación aos contidos temos:
- Aproximación ao uso de aplicacións e ferramentas dixitais con distintos fins: creación, comunicación, aprendizaxe e gozo.
- Uso saudable e responsable das tecnoloxías dixitais.
- Aproximación ao uso de ferramentas dixitais en procesos creativos.
- Lectura e interpretación crítica de imaxes e información recibida a través de medios dixitais.
- Función educativa dos dispositivos e elementos tecnolóxicos da súa contorna.
No que se refire as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe. Procurarase
- Situacións de aprendizaxe que permitan a evolución das nenas e dos nenos desde posturas de recepción pasiva de linguaxes ata ser emisores cualificados en calquera delas,
con especial énfase na narrativa audiovisual e dixital. - A introdución natural, cotiá e contextualizada dos medios de comunicación visual e dixital no centro de educación infantil, estimulando a participación das nenas e dos nenos en situacións comunicativas reais e plenas de significado.
ACCEDE AOS RECURSOS
Acceso á páxina dos recursos de "El Buho Boo"
No caso de non funcionar Java pódese instalar no navegador de Chrome Web Store o complemento Ruffle
3º ANOS B - 21/04/23
1ºB - 26/04/23
1ºA - 02/05/23
1ºB - 03/05/23
4 anos B - 03/05/23
4 anos A - 04/05/23
4 anos A. - 11/05/23
5 anos A - 16/05/23
5 anos A - 30/05/23
2ºA - 31/05/23
CONCLUSIÓNS E PROPOSTAS DE MELLORA
CONCLUSIÓNS:
PROPOSTAS DE MELLORA: