🎶 Contacontos con música: unha viaxe ás nosas raíces💙
Hoxe, os nosos peques desfrutaron dunha actividade moi especial: un contacontos con música de pandeireta que nos fixo cantar, rir e, sobre todo, lembrar as nosas raíces.

A través das historias e das melodías tradicionais, aprendemos valores coma o respecto, a solidariedade e o amor pola nosa lingua. A actividade puxo en valor o importante papel das cantareiras galegas, mulleres valentes que mantiveron viva a tradición oral e transmitiron a fala galega nas súas cantigas, mesmo en tempos nos que o galego estaba prohibido.

Foi unha oportunidade única para descubrir que a nosa lingua é música, e que grazas ás cantareiras de antes, hoxe podemos seguir cantando en galego con orgullo.

Queremos agradecer ás persoas que fixeron posible esta actividade, e tamén aos nosos pequenos artistas, que participaron con entusiasmo e alegría. 🎤✨
🤩Viva a nosa cultura! Viva o galego!