Acceder

🌿 Hoxe tivemos unha visita moi especial 🌳

 

image

Hoxe foi un día diferente e moi interesante no noso colexio. Recibimos a visita dos pais de Karim, grandes coñecedores do mundo das plantas, que viñeron compartir con nós os seus saberes e curiosidades.

 

image

Durante a súa charla, puidemos coñecer diferentes tipos de plantas comestibles, aprender a recoñecelas e descubrir que non todo o verde sabe igual! Houbo unha parte moi divertida e inesperada: unha degustación de flores e follas con sabores sorprendentes… algúns eran cítricos, outros picantes e mesmo flores con sabor a rúcula! Espectacular! 

 

Foi unha experiencia educativa e sensorial moi enriquecedora que nos axudou a abrir os sentidos e a valorar a riqueza da natureza que nos rodea. Grazas a Irene e Isaac por esta iniciativa tan fermosa e inspiradora! 

 

 image     image     image     image