🎭 Representación teatral “A catedral por ningures”
Hoxe o alumnado do CEIP da Ramallosa tivo a oportunidade de gozar dunha obra teatral moi especial no Auditorio Constante Liste: “A catedral por ningures”, unha peza interpretada por nenos e nenas do cole, que sorprendeu e encantou a todo o público.

A obra, chea de humor, creatividade e aprendizaxes, ofreceu unha visión divertida e diferente do Camiño de Santiago, mesturando tradición e fantasía con moito talento por parte dos pequenos actores e actrices. Foi unha experiencia enriquecedora tanto para os espectadores como para os que participaron na posta en escena.

Queremos felicitar a todo o elenco e ao equipo organizador por esta magnífica iniciativa que pon en valor o teatro escolar como ferramenta educativa e cultural.