Invasores del Espacio: Programando con Scratch
Esta é unha tarefa de programación con Scratch que utilizo tanto na materia de Tecnoloxía e Dixitalización como na de Educación Dixital. Este ano tivo tan boa acollida que houbo alumnos que dende a casa fixeron nun día o traballo que correspondía a varias semanas, obrigándome a gravar máis tutoriais. De feito na materia de Educación Dixital propuxen deixar o xogo coas mecánicas básicas e pasar a outra cousa e me pediron que seguise facéndolles tutoriais de Invasores do Espacio.
No primeiro tutorial falo de como crear unha conta de Scratch, porque aínda que a maqueta abalar dispón do Scratux (unha versión libre de Scratch) a versión online ten unha serie de vantaxes das que falo no tutorial, a máis salientable é que despois dun tempo e cumplindo unha serie de requisitos se nos permitirá crear variables na nube o que permitirá almacenar tablas de records e mesmo facer xogos multixogador.
A continuación vos presento os 15 primeiros tutoriais de "Invasores del Espacio". É a parte que fará o alumnado de Tecnoloxía e Dixitalización, pois teñen só unha hora semanal adicada á programación e o tempo non da para máis. Nunha próxima entrada do blog publicarei os tutoriais Extras que me pediron os alumnos de Educación Dixital.
Blogs relacionados
- Nos seguintes tutoriais explico como usar os...
- Na seguinte ligazón vos deixo o material da...
- Na seguinte ligazón vos deixo o material do Curso...
- Esta é unha pequena serie de titoriais moi...