Curso de Blender para Impresión 3D
Na seguinte ligazón vos deixo o material do Curso de Blender para Impresión 3D e Realidade Aumentada e Virtual que estamos a desenvolver no PFPP do Polo Creativo do IES Cotarelo de Vilagarcía. Esta é a primeira parte, espero publicar a segunda parte o vindeiro mes.

O enlace vos leva a unha presentación na que están enlazadas case tres horas de videotutoriais. Ten unha primeira parte adicada aos modelos 3D, as súas características e ónde atopalos. Inclue un tutorial de Tinkercad, para quen só quere deseñar pezas sinxelas, onde realizamos un marcapáxinas personalizado. Logo empeza a parte de Blender: onde explico como usar, sen necesidade de instalar, unha versión portable e pouco esixente para equipos sen unha tarxeta gráfica potente. Vemos a navegación, o modo obxeto e o modo edición, os modificadores, as deformacións con ósos e un pouquiño por enriba o modo de escultura. Finalizamos coa exportación, co programa slicer de Creality e por último co control da impresora Creality K1.
Na seguinte imaxe podedes ver os dous proxectos que se desenvolven a través do curso, o marcapáxinas creado con Tinkercad e unha pequena maceta para cactus creada con blender.

Blogs relacionados
- Na seguinte ligazón vos deixo o material da...
- Esta é unha pequena serie de titoriais moi...
- A pirámide holográfica era unha actividade moi...
- Na seguinte ligazón poderedes atopar a...