Acceder

Curso de Blender para Realidade Aumentada e Realidade Virtual

Na seguinte ligazón vos deixo o material da segunda parte do Curso de Blender para Impresión 3D e Realidade Aumentada e Virtual que estamos a desenvolver no PFPP do Polo Creativo do IES Cotarelo de Vilagarcía.

image

O enlace vos leva a unha presentación na que están enlazadas case tres horas de videotutoriais. Ten unha primeira parte  na que creamos un avatar animado con estilo Minecraft. Logo vemos como animalo, como prepara a figura para renderizar e renderizamos a unha secuencia de imaxes que logo convertimos en GIF animado usando GIMP. Despois ven unha parte adicada a <model-viewer> que permite ver o noso modelo en Realidade Aumentada e permite tamén ver imáxes de 360 grados. Vemos como publicar os noso propio visor de modelos a través de GitHub e cómo integralo nas nosas páxinas de Agueiro. No seguinte bloque explico cómo crear modelos coa aplicación MakeHuman e cómo dotalos de vida coas animacións de Mixamo. A última parte e sobre CoSpaces Edu e como exportar os nosos modelos para utilizalos nesa plataforma. Como extra comparto un tutorial sobre cómo editar texturas en Blender e varias aplicacións móviles para Android que a min me resultan moi útiles. Inclue visores, camaras 360 grados, escáner 3D. Pulsando sobre os Logos  vos leva á páxina da aplicación en Google Play.

A continuación podedes interactuar cun modelo creado con MakeHuman, animado con Mixamo, e publicado a través de GitHub mediante o <model-viewer>. Abrindo esta páxina cun dispositivo móvil poderedes velo tamén en Realidade Aumentada.