Acceder

A idea e os comezos

Comentarios

Debes estar rexistrado para poder comentar.

    • Carolina Casal Funcasta

      Dende inicios de curso, tiñamos claro que a temática principal que traballariamos en Polos creativos sería, fundamentalmente, a do noso Erasmus+ de centro, o KA-122 Quercus Gallaeciae. O patrimonio, en especial o natural, estaría presente nas nosas actividades. Aproveitar os recursos e a metodoloxía de Polos sería o mellor xeito de centrar os nosos esforzos para facer ao alumnado máis partícipe do proceso de ensino-aprendizaxe. Para isto, temos ademais vencelladas curricularmente as materias de Proxecto Competencial de 2º, 3º e 4º ESO ao propio Erasmus.

      image

      Mais non debemos esquecer que a biblioteca do noso centro, a Resistencia (grupo de voluntarios pola dinamización do galego) e coordinación de benestar actúan como eixo vertebrador de moitísimas das actividades que favorecen a convivencia no noso IES. Dende a biblioteca articúlanse ademais a meirande parte dos Clubes aos que o alumnado se pode unir. Todo isto non son máis que oportunidades para incluír os Polos creativos de xeito natural na vida do centro.

      Así, establecemos uns obxectivos realistas que nos permitiran, ao longo do curso, adecuar un espazo para Polos creativos no centro, continuar co proxecto de radio Ponte nas Ondas que promove o patrimonio galego-portugués (xa iniciado o curso anterior), formar a máis docentes no uso didáctico da radio escolar para empregala en máis contextos, incluído o Erasmus; formarnos no uso da cortadora láser e tamén en deseño e impresión 3D.

      Logo