Acceder

Efigy Girls

Comentarios

Debes estar rexistrado para poder comentar.

    • Carolina Casal Funcasta

      Efigy Girls é unha proposta educativa da Fundación Naturgy dirixida a rapazas de entre 10 e 16 anos co obxectivo de fomentar o interese polas disciplinas STEM e promover a igualdade de oportunidades.

      image


      Trátase dunha proposta educativa que traballa a robótica, a tecnoloxía, a ciencia, a enerxía e a sustentabilidade a través da innovación, a creatividade, o traballo en equipo e a colaboración.

      image


      Os principais obxectivos son a promoción dun enfoque activo da aprendizaxe mediante a resolución de diferentes situacións no contexto da sustentabilidade, do medio ambiente e da enerxía, así como o desenvolvemento dunha comprensión profunda dos problemas ambientais globais, chegando a valorar o impacto das súas accións na sociedade en xeral.

      Liderado polo Dpto. de Tecnoloxía, neste curso 24/25 o IES de Catabois participou con 3 alumnas de 2º da ESO. Os retos deste curso estaban dedicados ás enerxías renovables e ao IES de Catabois tocoulle a enerxía eólica. O noso reto era construír un simulador eólico, é dicir, unha máquina de vento que puidese mover un aeroxerador para que este xerase enerxía. Para a construción da máquina eólica empregáronse pezas de LEGO e para a programación utilizamos o robot LEGO Spike Prime.

      A semana do 19 de maio as alumnas, acompañadas de dúas docentes, presentaron o seu traballo en Madrid ante a Ministra de Transición Ecolóxica.

      image
      image
      image