Dende o CFR de Ferrol inscribiuse á persoa coordinadora nunha formación específica presencial sobre diversas temáticas de especial interese para o correcto desenvolvemento do programa de Polos.
As temáticas abordadas foron:
A edición audiovisual e a creación de contidos con dispositivos móbiles, onde ademais do que o seu título indica, aprendemos a facer hologramas co teléfono móbil e unha pequena pirámide de acetato. Foi un bo recurso que levar de volta ao centro!
O design thinking ou pensamento de deseño e as súas 5 etapas. Grazas a un obradoiro moi práctico puidemos levar a cabo unha proposta orixinal por parellas que poderemos tamén exportar ao centro grazas aos materiais complementarios proporcionados.
A ética e normativa da IA en materia de educación, grazas á que aprendemos sobre a Estratexia Galega de IA 2030 e analizamos a normativa clave que regula o uso desta na educación.
O pensamento computacional e a súa importancia: que é, en que se fundamenta, multitude de exemplos para levar á aula…
A protección de datos nos centros educativos: grazas á Delegada de Protección de Datos da Consellería, aprendemos a normativa aplicable, resolvemos moitas dúbidas comúns a todos os centros e coñecemos os modelos que debemos empregar para obter os consentimentos necesarios.
Toda a documentación específica quedou dispoñible para nós na AV do CFR de Ferrol.
Comentarios
Dende o CFR de Ferrol inscribiuse á persoa coordinadora nunha formación específica presencial sobre diversas temáticas de especial interese para o correcto desenvolvemento do programa de Polos.
As temáticas abordadas foron:
Toda a documentación específica quedou dispoñible para nós na AV do CFR de Ferrol.
Fonte: Instagram do CFR de Ferrol @cfrdeferrol