Acceder

Vida do centro: efemérides con Polos, biblioteca e Resistencia

Comentarios

Debes estar rexistrado para poder comentar.

    • Carolina Casal Funcasta

      Relacionado coa temática do noso proxecto, o día 25 de abril o alumnado de 3º e 4º da ESO elaborou no patio cuberto un mural dunha árbore para sensibilizar sobre a protección do medio ambiente. Deste xeito puideron abordar as fases do proceso creativo, coñecer o traballo da pintura mural e traballar de xeito colaborativo para chegar a este marabilloso resultado final:

      image
      image
      image

      O alumnado máis pequeno, de 1º e 2º ESO, abordou pola súa banda este proxecto traballando na pintura de bolsas de tea recicladas con pinturas sostibles. 

      image
      • Carolina Casal Funcasta

        Non podemos esquecer que tamén conmemoramos o Día do Pobo Xitano 2025 facendo un acto con música e elaborando chapas:

        image

        https://www.instagram.com/p/DIRKEvuMJX2/ 

        • Carolina Casal Funcasta

          Lendo a través de Castelao

          Xa case entrando na recta final do curso académico, o alumnado de 1º e 4º ESO creou unha obra de rexiclaxe para conmemorar o Día de Castelao empregando a técnica de collage. A conexión interdepartamental é esencial, polo que agora estamos inmersos na seguinte parte: a interpretación dalgunhas viñetas de “Cousas de…” deste autor.

          image
          • Carolina Casal Funcasta

            Día de Rosalía

            E se elaboramos un Photocall para conmemorar o Día de Rosalía? Reciclamos materiais, apostamos pola creatividade e saen cousas coma esta:

            image
            image
            • Carolina Casal Funcasta

              Déixaa que baile - 25N en Catabois

              Este ano, para a conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 3º e 4º ESO, liderado polo Dpto. de Plástica, elaborou un macro mural que se instalou no corredor central do IES. Tiveron a oportunidade que coñecer o Día das Bolboretas, de compoñer un collage de arte efímera e de empregar a técnica de puntillismo.

              image
              image
              image
              image
              image
              • Carolina Casal Funcasta

                Día da Paz 2025

                Este ano, para conmemorar o Día da Paz, liderado pola coordinación de Benestar, definíronse unha serie de actuacións nas que contribuíron os distintos departamentos. Elixiuse unha canción en inglés e francés para traballar nas aulas, fixéronse chapas conmemorativas, gravouse un podcast específico (ver apartado de Radio), creouse un macro mural cunha pomba, estableceuse o obxectivo de facer 100 grullas de papiroflexia para penduralas no salón de actos, deseñouse un marcapáxinas para a Hora de Ler…

                image

                image

                image
                image
                • Carolina Casal Funcasta

                  E chegou o Nadal a Catabois…

                  O alumnado de Proxecto Competencial deseñou pequenos adornos en 3D con Tinkercad. Ademais, fixéronse pequenas árbores de papiroflexia. Co obxectivo de mellorar a competencia dixital do alumnado, en proxecto competencial de 1º de ESO elaboraron ademais un tríptico de Nadal con recomendacións lectoras.

                   

                   

                  image
                  image
                  • Carolina Casal Funcasta

                    A nosa Resistencia do Galego, grupo conformado por alumnado e profesorado que traballa para dinamizar a lingua galega no centro, foi a encargada de dinamizar as actividades de centro polo día de Samaín. Este ano, ademais da decoración habitual, o alumnado deseñou e elaborou as probas dun ESCAPE ROOM terrorífico na biblioteca do centro. Aproveitando cartóns, caixas, papeis tintados de café, etc., o alumnado elaborou unha serie de probas cunha narrativa que funcionou como fío condutor; isto aos máis pequenos do centro a percorrer varias estancias ata escapar.

                     

                    image
                    image
                    image
                    image
                    image
                    image
                    image
                    image
                    image
                    image