Acceder

Formacións no centro e novo espazo

Comentarios

Debes estar rexistrado para poder comentar.

    • Carolina Casal Funcasta

      FORMÁNDONOS

      O noso itinerario formativo de Polos creativos no curso 24-24 incluíu, en primeiro lugar, dúas sesións de docencia con Lucas Rey para aprender a empregar o equipamento de radio.

      image
      image
      image
      image

       

      Isto permitiunos poder empregar a radio de xeito activo co noso alumnado da ESO e mesmo formalos a eles para que coñezan a parte técnica e sexan autónomos na creación de podcast (ver apartado de Radio). Ademais, en xaneiro, recibimos unha nova sesión de formación, neste caso con Mercedes Orbaneja, onde aprendemos a sacarlle partido á intelixencia artificial para axudarnos nos nosos proxectos de radio. NotebookLM, Suno e outras aplicacións con grande potencial foron exploradas. Despois, puidemos traballar os ODS dun xeito máis atractivo co alumnado (ver apartado de Proxecto Competencial e Erasmus+).

      Xa no segundo trimestre, grazas a Rebeca Blanco, formámonos no uso da cortadora láser.

      image
      image
      image

       

      Por último, no terceiro trimestre, da man de Reyes Montero, abordamos o deseño e a impresión 3D.

      image
      image

       

      Ademais, a coordinadora elaborou unha serie de vídeos e documentos de axuda para o profesorado, por exemplo:

      image
      image
      image
      • Carolina Casal Funcasta

        Se ben nun inicio, a nosa aula de Polos pretendía habilitarse nun desdobre situado no edificio principal, finalmente a adecuación dun novo espazo na antiga casa do Conserxe permitiunos contar cunha nova aula multifuncional á que lle pretendemos sacar partido seguindo a filosofía dos Polos creativos. 

        image

                                        Imaxe do portal xunta.gal, da nota de prensa que anunciaba a creación deste espazo

        Nestes últimos días de maio, non só acolleu a alumnado estraxeiro, senón que se transformou nun museo itinerante xa que instalamos nela unha exposición do CEIDA (montada integramente polo alumnado de Proxecto Competencial de 2º ESO). (incluír imaxe).