Acceder

Radio escolar

Comentarios

Debes estar rexistrado para poder comentar.

    • Carolina Casal Funcasta

      Ao longo deste curso académico, continuamos participando no proxecto Ponte nas Ondas. Ademais, coincidiu co aniversario do Programa e foi unha marabillosa oportunidade para contribuír cun podcast dende o noso IES.

      Nel entrevistamos á cesteira Luisa da Silva:

       

      Para poder aumentar as posibilidades da radio, as persoas docentes realizamos formación con Lucas Rey e con Mercedes Orbaneja. Acondicionamos un espazo no edificio de administración onde podemos realizar actividades con máis alumnos/as.

      Tamén decidimos realizar obradoiros co alumnado de 3º ESO. O obxectivo era que aprendesen a ser técnicos para que poidan exercer de mentores do alumnado máis pequeno de cara ao vindeiro ano.

      image
      image

      Ao longo do ano, realizáronse moitos podcast sobre historia, movementos migratorios, patrimonio inmaterial, contaminación, etc., ademais de levarse a cabo entrevistas a persoas expertas e estranxeiras que visitaron o centro no marco de actividades complementarias ou de visitas Erasmus+.

      Quedan todos recollidos en Abalar Box subdivididos en carpetas segundo a temática:

      https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/PGsSjbJeaZo6YcS