Volvendo á liña de audiovisuais e apoiando o proceso de internacionalización do noso centro, participamos na celebración do Día de Europa 2025 (iniciativa do SEPIE), cun vídeo no que o alumnado de 3º da ESO escolleu obxectos que representan o que para eles é Europa. Queremos continuar a nosa andaina, xuntando os Polos e a internacionalización, e por iso aproveitamos esta data para presentar a nosa candidatura para o programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Non podemos esquecer que todo o realizado foi levado e presentado no evento multiplicador Erasmus+ do CFR de Ferrol que tivo lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño o 2 de abril de 2025.
Incluímos aquí tamén, grazas á colaboración co Dpto. de Tecnoloxía, as casiñas para paxaros creadas polo alumnado de 2º da ESO que están no noso patio exterior dende o segundo trimestre.
Os proxectos competenciais de 2º e 3º da ESO estiveron especialmente vencellados este ano ao proxecto Erasmus+ KA-122-SCH Quercus Gallaeciae, coa temática do patrimonio natural.
Ao longo do curso desenvolvemos accións nas que seguimos a filosofía de Polos creativos.
Creamos xogos interactivos para poder coñecer mellor a Unión Europea e comprender de onde vén o programa Erasmus+. Ademais, despois de traballar na definición de patrimonio, creamos algúns xogos como o Dobble:
Como un dos obxectivos do noso Erasmus+ é a mellora dos patios interiores e exteriores do IES, en 3º da ESO baixamos, medimos, analizamos e reflexionamos para despois elaborar Moodboards nos que incluímos posibles melloras para os PATIOS INTERIORES. Grabamos en audio as nosas intencións e as razóns que as apoian.
Tamén traballamos os ODS e elaboramos mapas mentais con IA:
e mesmo cancións (tamén con IA), aplicando o aprendido nas docencias do PFPP, accesibles con códigos QR. Exemplo:
Analizamos tamén iniciativas locais que están a contribuír aos ODS, como o Plan de Acción Local da Axenda Urbana do Concello de Ferrol.
Xa no terceiro trimestre, traballamos nun eTwinning con Italia, Grecia e Francia sobre zonas en risco de inundación en cada unha das nosas rexións. No noso caso, en grupos, afondamos na análise de características xeográficas e ambientais e elaboramos produtos en tres linguas. Faremos unha presentación final do proxecto en xuño a través de videoconferencia.
En 2º da ESO, centrámonos nos patios exteriores do centro e fixemos uns mapas emocionais do centro que levan uns QR asociados con máis información:
Ademais, durante o mes de maio montamos e documentamos unha exposición itinerante do CEIDA sobre a Rede Natura 2000 na nova aula de Polos creativos que estivo aberta a toda a COMUNIDADE EDUCATIVA, incluído o alumnado estranxeiro francés que recibimos de intercambio:
Comentarios
DÍA DE EUROPA 2025

EVENTO MULTIPLICADOR do CFR DE FERROL 2025