Acceder

Polos creativos - IES Moncho Valcarce

Comentarios

Debes estar rexistrado para poder comentar.

    • Polos Creativos - IES Moncho Valcarce

       

      Que vén sendo iso dunha partícula?

      Obradoiros realizados no Club de Ciencias co Kit singular: A materia peza a peza, para achegar o concepto de partícula e átomo ao alumnado. Ademais, tras o éxito da actividade, o profesorado de Física e Química empregou o kit na aula. Deixámosvos a ligazón á publicación nas redes sociais do centro

      Xa empregáchedes o kit? Compartídenos as vosas impresións!

      image.  image
       

      • Polos Creativos - IES Moncho Valcarce

         

        Árbore de Nadal científica

        En colaboración co alumnado do Club de Ciencias deseñáronse e imprimíronse, empregando a impresora en 3D Creality K1, bolas de nadal que, posteriormente, foron decoradas con mulleres científicas. 

        Se queredes ver en detalle as bolas de Nadal e o proceso creativo, aquí tedes a ligazón á publicación nas nosas redes sociais, e as fotografías e vídeos subidas á plataforma!

         

        image


         

        • Polos Creativos - IES Moncho Valcarce

           

          Vivendas sostibles

          Durante este curso, os Polos Creativos serán o eixo de unión dun proxecto interdisciplinar sobre as vivendas sostibles, no que participará alumnado de diversas materias coma Tecnoloxía, Economía, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés e Matemáticas. 

          Os resultados presentáronse no "II Día da Ciencia no Moncho", a nosa modesta feira científica, que se celebrou o 11 de abril. 

          O alumnado elaborou maquetas de vivendas, empregando o maior número de materiais reciclados posibles. Posteriormente, engadiron sensores de Arduino ou Microbit que permitiron tomar medicións da temperatura e humidade no interior das mesmas, e colocáronse en diferentes localizacións do centro. 

          Unha vez estiveron recollidos os datos, analizáronse e determinouse que vivendas rexistraron os valores máis altos e máis baixos, estudando o consumo enerxético e o posible gasto derivados deses valores.

          Para finalizar, abordouse o concepto de "vivenda sostible" e as repercusións que a súa construción ten, non só a nivel individual no referente ao aforro económico, se nón para o planeta. 

          Xa lle votáchedes unha ollada? Que vos parece? Accedede dende esta ligazón!

          image
          • Polos Creativos - IES Moncho Valcarce

            Dende o IES Moncho Valcarce queremos compartir os os proxectos realizados no marco dos Polos Creativos do noso centro. Agardamos que vos gusten!