APRENDEMOS DO PASADO PARA MELLORAR O PRESENTE
Como xa sabedes, a páxina de AGUEIRO sufriu importantes cambios nos últimos días. Por este motivo, tres das catro entradas que tiña elaboradas xa non están dispoñibles… Para min é unha mágoa xa que lle adiquei tempo e esforzo, e estaba contenta co traballo que estaba realizando; pero deste feito tamén obteño unha importante aprendizaxe.
Por moito que esteamos traballando nunha contorna dixital, non podemos esquecer que as copias de seguridade do noso traballo son importantes, porque os erros informáticos, os cambios nas plataformas (como acontece neste caso)… son inevitables; pero manter o noso traballo e as nosas aportacións seguras e a recado si está nas nosas mans.
Polo tanto… unha para aprender! De todos os xeitos, isto non remata aquí; continuamos DESCUBRINDO NOVAS POSIBILIDADES!