Acceder

PASAXEIROS AO TREN: A NOSA VIAXE CONTINÚA! (Área 4)

    Nerea Barros Sobral

    Continuando co fío da anterior publicación (aínda que agora xa non se pode ter acceso a esta) rematamos o tema do relevo en España, por iso quero compartir algúns aspectos interesantes referentes á avaliación

    Tal e como eu comprendo a avaliación, esta non se pode limitar única e exclusivamente a unha proba final, que determine se o alumnado adquiriu ou non unha serie de contidos, obxectivos ou competencias. Porén, na miña aula traballo habitualmente coa avaliación incial como punto de partida; a avaluación continua e formativa, para poder ir mellorando o proceso de enisanza-aprendizaxe; e tamén a avaliación sumativa ou final. Cada unha destas modalidades pretende acadar uns obxectivos diferentes, pero todas elas son de vital importancia no día a día da aula. 

    Ademais, creo que é importante destacar que no proceso de avaliación o alumnado é un suxeito activo e participativo, polo que é vital que obteña unha retroalimentación do seu proceso de aprendizaxe, ofrecéndolle diferentes instrumentos de avaliación, que se adapten ás súas características e necesidades. 

    Neste tema…

    - Empregamos Kahoot como ferramenta de avaliación inicial, que tamén serviron ao alumnado para motivarse e obter un feedback inmediato sobre o dominio dos seus coñecementos no que ao vocabulario se refería. 

    • Evidencia A do descriptor 4.1.B.2.2. → Enlace á presentación elaborada en Kahoot, formada por un total de 12 preguntas de resposta única. 
    image
    image

     

    - Elaborouse tamén unha enquisa de vocabulario en E-Dixgal, que lles permitiu repasar as veces que o consideraron oportuno, e posteriormente facer unha comparación da súa evolución. 

    • Evidencia B do descriptor 4.1.B.2.2. → Enlace a AbalarBox cunha mostra das diferentes preguntas que se inclúen (varíando entre a escolla de 3 ou catro opcións, completar oracións ou pequenos textos con palabras a escoller…)
    image

     

    - Mapas interactivos diversos, moi interesantes para que o alumnado poida autoavaliarse e ser consciente do que sabe e do que debe mellorar; así como unha ferramenta útil de cara a atención á diversidade.

    • Evidencia C do descriptor 4.1.B.2.2. → Enlace a AbalarBox cunha mostra dos mapas interactivos elaborados. 
    image

     

     

    Tras varias sesións de traballo… chegou a avaliación final e non só se lles facilita ao alumnado e ás familias a nota final, senón todas as calificacións obtidas, coas observacións pertinentes, propostas de mellora e aspectos que se deben manter... Para isto contamos con diferentes ferramentas dixitais que nos permiten acadar dito obxectivo.

    - XADE e Abalar: como ferramentas corporativas nas que se rexistran os resultados e as familias son informadas das calificacións obtidas. 

    - Resultados obtidos nos diferentes cuestionarios e mapas interactivos aos que teñen acceso tanto alumnado como familias 

    • Evidencia D do descriptor 4.3.B.2.2. → Captura de pantalla das calificacións que obtiveron e que eles poden observar e revisar unha vez rematan as diferentes probas:
    image

     

    - Resultados obtidos nas diferentes probas obxectivas recollidos nunha folla de cálculo, que se lles amoso ás familias e ao propio alumnado de forma individual a través dunha ligazón persoal (cada persoa só ten acceso aos seus datos e calificacións, tal e como é lóxico).

    • Evidencia E do descriptor 4.3.B.2.2. → Captura de pantalla da folla de cálculo co rexistro dos datos
    image