madialevo

O meu nome é David Paz Nóvoa. Nacín en Ourense no ano 1973, a tempo para vivir o final da ditadura e o proceso de transformación das décadas seguintes. Dos meus pais aprendín o amor pola cultura e pola liberdade.
Estudei a secundaria no instituto do Couto e despois mudeime a Bilbao para facer estudos de Xornalismo. Compaxinei a carreira coa de Maxisterio. Hoxe en día son mestre de primaria no colexio de Baión, en Vilanova de Arousa, no que levo xa máis de 15 anos.