Acceder

A IMPORTANCIA DO SECTOR PRIMARIO POR TERRAS DE CALDELAS

Logo das actividades realizadas nas horas de titoría no marco do programa educativo “Mestres Gandeiros” ao longo das que se foi vendo o desenvolvemento poboacional e a importancia do sector primario na paisaxe dos Ancares…

image

O alumnado de 1º ESO do CPI “Virxe dos Remedios” de Castro Caldelas quere a través deste traballo compartir a reflexión sobre o desenvolvemento poboacional que tamén teñen nas súas localidades nas que viven e a importancia que está tendo nelas as actividades do sector primario (dos agricultores, gandeiros, etc) que van configurando a paisaxe, a infraestrutura verde e a biodiversidade que tamén caracterizan estas terras de Caldelas.

image

Nas sucesivas subpáxinas o alumnado deste curso irá facendo unha presentación dos resultados da súa análise poboacional, espacial e territorial da contorna onde diariamente vive.