Acceder

A localidade de María

    Maria Pérez Pérez
    image

     

    Eu vivo nunha pequena aldea, a maioría dos seus habitantes están xubilados e os que están activos adícanse a gandería.

    Meus pais son gandeiros, traballan moito para poder sacar adiante a súa produción de carne. As vacas e os terneiros están no monte sempre  logo os terneiros arredor dos sete meses metenos ao cebadeiro ata o momento do sacrificio sobre os 10 meses.

    Os pastos son verdes todo o ano pero a finais da primaveira e principios do verán teñen que recoller herba para facer silo e herba seca para  o inverno xa que nesa época o pasto escasea.

    Os gandeiros desenvolven unha labor moi  importante xa que proporcionan alimento a xente que vive na cidade e tamén axudan a manter o entorno que nos rodea. Se non fora por eles isto todo estaría ermo, e aínda sen darnos conta tamén potencian o turismo rural xa que ao manter os campos a xente querese achegar a desfrutar desta fermosa paisaxe.