3. Programas da maqueta Abalar
Blender
É un programa moi completo para a producción de material de 3D para impresión 3D, animación, videoxogos, efectos especiais, Realidade Aumentada e Virtual, etc.
- Na seguinte entrada do blog explico como utilizalo para crear modelos 3D para a pirámide de proxección de hologramas.
- Na seguinte entrada do blog explico como utilizalo para crear un boneco de estilo Minecraft animado.
- Na seguinte entrada do blog comparto un curso de Blender para Impresión 3D.
Kdenlive
É un editor de vídeo que permite editar múltiples pistas de audio e video, engadindo efectos, transicións, etc.