Benvid@s a tod@s!

Neste blog irei deixando constancia e si pode ser...pegada da miña tarefa educativa. Ademáis dun espazo para mostrar tamén é un espazo para comentar. Así que, adiante! Pasade, pasade...está aberto :)

Blog de Rocío Varela Esmoris RSS

QUE COMECE A FUNCIÓN (PARTE 3ª)

Ola, familias!

E chegou o venres, o gran día. Íamos comer "A MELLOR SOPA DO MUNDO".

Unha  mestura de nervios, ilusión, esforzo, e moita lingua galega chegou ao escenario. Era o momento de representar a obra que levávamos tanto tempo preparando para os nosos compañeiros e compañeiras de infantil e primeiro de primaria.

Unha gran nevarada caeu sobre o teatro provocando un fin de festa marabilloso e inesquecible. Agardo que o gocedes!

1.jpeg2.jpeg3.jpeg

E AGORA...O VÍDEO DO ENSAIO XERAL!

television-vintage.png

QUE COMECE A FUNCIÓN (PARTE 2ª)

E por fin chegou o martes. Os nervios estaban a flor de pel. Os compañeir@s de 3º a 6º ían ser os espectadores e espectadoras máis esixentes. Respiramos fondo e abriuse o pano do teatro...

WhatsApp Image 2023-05-19 at 13.54.53.jpegWhatsApp Image 2023-05-19 at 13.54.23.jpegWhatsApp Image 2023-05-19 at 13.53.44 (1).jpeg

Agora ...o vídeo da actuación. En realidade é o vídeo do ensaio final, xa que así hai menos ruído de fondo e saen tamén os que non puideron estar.

television-vintage.png

QUE COMECE A FUNCION! (PARTE 1ª)

Alá polo mes de setembro propúxenlle a Karina levar a cabo un proxecto de lingua galega baseado no teatro. Tivemos a sorte de que Karina aceptou e que se puideron axustar os horarios.

A partir dese momento, levamos adiante un proceso de programación para poder traballar os contidos propios do currículo de galego: vocabulario,  lectura, expresión escrita, diferentes tipos de textos e como máis lles custa: falar e expresarse en lingua galega.

Eles e elas nin se deron conta. As sesión foron de dramatizacións, xogos de "role playing", lecturas de obras, contos e poemas, "castings" para escoller ás personaxes das obras,..

E por fin, despois de adaptar os textos, repartíronse os papeis e nos puxemos a estudar e ensaiar duramente.

En Claustro decidiuse enmarcar as actuacións dentro da Semana cultural das Letras Galegas que se fai no cole cada ano.

Tocaba poñerse a facer decorados e vestiario. E para isto foi fundamental a colaboración da profe Nerea na súa materia de Plástica. Aquí tedes unha mostra da preparación dos decorados:

WhatsApp Image 2023-05-21 at 10.44.47.jpegWhatsApp Image 2023-05-21 at 10.44.18.jpegWhatsApp Image 2023-05-05 at 10.33.11.jpegWhatsApp Image 2023-05-05 at 10.31.54.jpeg

WhatsApp Image 2023-05-05 at 10.31.02 (1).jpeg

CONTINUARÁ...

O QUE FIXEMOS NO SEGUNDO TRIMESTRE

Ola a tod@s!

Ademais de ler, escribir, usar libretas e libros, no segundo trimestre fixemos moitas outras cousas. Aquí vos deixo un vídeo para que o vexades. Pinchade na foto para descargalo nos vosos dispositivos.

As que teñades a sorte de estar c@s protagonistas, estou segura de que vos contarán con todo detalle o que ocorre nas imaxes. Disfrutádeo!IMG_20230219_102447.jpg

CONTINUARÁ...

DISFRACES PARA O ENTROIDO

Ola de novo!

Xa nos está a chegar o arrecendo das orellas e das filloas e iso é sinal de que o Entroido está a chegar. Por iso, deíxovos aquí ideas para levar a cabo o disfraz deste ano. Seguro que entre tod@s facemos algo bonito e o máis importante, que os nenos e nenas o disfruten.

Como xa sabedes a temática deste ano no cole, é o cine. Misturando o cine coa robótica...que mellor que película de "Wall-e".

Pixar-explica-por-que-no-habra-secuela-de-Wall-E.jpg

Ainda que eu vou falar da película na clase sería bo que intentásedes estes días vela na casa. Se pinchades na foto anterior, deixo un pouco máis de información.

Precisaremos unha camiseta/sudadera negra de manga larga e unha camiseta amarela  manga curta para levar por enriba, que será a que "tunearemos". Deixo dúas fotos para que escollades o estilo que máis vos guste para facer algo parecido cos nen@s na casa. Si alguén non pode facelo, que fale comigo. Podedes usar o material que queirades para adornar as camisetas. Tamén necesitarán un pantalón ou mallas negras. Do resto do disfraz encargareime eu con eles na clase (cabeza, ollos, pinzas das mans...)

disfraz 1.jpgdisfraz 2.jpg

Pois polo momento nada máis. Si tedes dúbidas, xa sabedes onde atoparme!

QUE VIVA O ENTROIDO!

CONTINUARÁ....

 

 

 

 

 

52 entradas
Details