Benvid@s a tod@s!

Neste blog irei deixando constancia e si pode ser...pegada da miña tarefa educativa. Ademáis dun espazo para mostrar tamén é un espazo para comentar. Así que, adiante! Pasade, pasade...está aberto :)

Blog de Rocío Varela Esmoris RSS

DISFRACES PARA O ENTROIDO

Ola de novo!

Xa nos está a chegar o arrecendo das orellas e das filloas e iso é sinal de que o Entroido está a chegar. Por iso, deíxovos aquí ideas para levar a cabo o disfraz deste ano. Seguro que entre tod@s facemos algo bonito e o máis importante, que os nenos e nenas o disfruten.

Como xa sabedes a temática deste ano no cole, é o cine. Misturando o cine coa robótica...que mellor que película de "Wall-e".

Pixar-explica-por-que-no-habra-secuela-de-Wall-E.jpg

Ainda que eu vou falar da película na clase sería bo que intentásedes estes días vela na casa. Se pinchades na foto anterior, deixo un pouco máis de información.

Precisaremos unha camiseta/sudadera negra de manga larga e unha camiseta amarela  manga curta para levar por enriba, que será a que "tunearemos". Deixo dúas fotos para que escollades o estilo que máis vos guste para facer algo parecido cos nen@s na casa. Si alguén non pode facelo, que fale comigo. Podedes usar o material que queirades para adornar as camisetas. Tamén necesitarán un pantalón ou mallas negras. Do resto do disfraz encargareime eu con eles na clase (cabeza, ollos, pinzas das mans...)

disfraz 1.jpgdisfraz 2.jpg

Pois polo momento nada máis. Si tedes dúbidas, xa sabedes onde atoparme!

QUE VIVA O ENTROIDO!

CONTINUARÁ....

 

 

 

 

 

RESUMO DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Ola a tod@s!

Que rápido pasou o primeiro trimestre! Tanto foi así que non fun quen de levar este blogue ao día. Pídovos desculpas e para compensarvos fixen este vídeo resumo que agardo disfrutedes na compaña dos vosos fill@s. Pinchade na imaxe para ver o vídeo ou dos mellores momentos da aula ou descárgadeo en adxuntos.

IMG_20221209_124753.jpg.1

CONTINUARÁ...

COMO IMOS TRABALLAR...A LINGUA CASTELÁ

Ola familias!

Este mes, nas entradas do blog, vou contar como imos traballar nas diferentes materias e como nos imos organizar. En esta ocasión imos falar da Lengua Castelá.

A lei marca que temos que ter 4 horas de Lingua Castelá á semana. Segundo o noso horario temos os martes e os xoves dúas sesións seguidas.

Ao facer sesión doble, a primeira parte será de explicación, participación, manipulación e dúbidas e a segunda parte será de practicar o explicado no libro. Nesta segunda sesión, ademais, contaremos coa "profe de apoio" que reforzará aos nenos e nenas que o precisen.

Como imos estudar a Lingua Castelá?

En cada sesión de Lingua Castelá,  traballaremos un aspecto diferente da lingua: comunicación oral, competencia lectora, escritura e obradoiros de ortografía, gramática e xogos lingüísticos.  Así conseguiremos que as tarefas varíen e non resulte monótono. E tamén pouco a pouco lle vaian atopando unha aplicación práctica na vida cotiá.

En canto aos deberes...

Nalgunha ocasión,que non rematen algunha páxina do libro poderán levala para casa. POR FAVOR, non lles axudedes a facela. Se non poden sós é mellor que a traian sen facer e eu lla volvo a explicar. Precisan coller autonomía e responsabilidade de cara a cursos posteriores.

Faremos algún "exame" e levarán a libreta para estudar, algunhas definicións que iremos anotando ao longo do trimestre e que están moi traballadas, a diario, na clase.

Aproveitaremos tamén a utilizar a linguaxe para expresar as nosas emocións, resolver os problemas que xurden na aula e traballar a creatividade aportando ideas e facendo preguntas.

lengua cast.jpg

CONTINARÁ...

COMO IMOS TRABALLAR...AS MATES

Ola familias!

Este mes, nas entradas do blog, vou contar como imos traballar nas diferentes materias e como nos imos organizar. En esta ocasión imos falar das matemáticas.

A lei marca que temos que ter 5 horas de mates á semana. Segundo o noso horario temos os luns e os mércores dúas sesións seguidas e os venres unha única sesión.

Os luns e os mércores traballaremos contidos novos e os venres repasaremos o dado esa semana.

Ao facer sesión doble, a primeira parte será de explicación, participación, manipulación e dúbidas e a segunda parte será de practicar o explicado no libro. Nesta segunda sesión, ademais, contaremos coa "profe de apoio" que reforzará aos nenos e nenas que o precisen.

Como imos estudar as mates?

En cada sesión de mates, agás os venres, que será de repaso, traballaremos un aspecto diferente das matemáticas: numeración, cálculo e operacións, resolución de problemas, medida e xeometría. Así conseguiremos que as tarefas varíen e non resulte monótono. E tamén pouco a pouco lle vaian atopando unha aplicación práctica na vida cotiá.

Utilizaremos un método mixto: ABN (composición de números)  e tamén método tradicional, sobre todo nas operacións: suma, resta e multiplicación.

En canto aos deberes...

Comezarán este mes a levar para memorizar as tablas de multiplicar. Preguntarémolas na clase todos os días pero terán unhas tres semanas para aprendelas.

Nalgunha ocasión,que non rematen algunha páxina do libro poderán levala para casa. POR FAVOR, non lles axudedes a facela. Se non poden sós é mellor que a traian sen facer e eu lla volvo a explicar. Precisan coller autonomía e responsabilidade de cara a cursos posteriores.

mate oct 2.jpgmate oct 1.jpg

Os palillos seguen a ser os nosos compañeiros, agora a cousa se complica coas centenas, jejeje...

CONTINUARÁ...

Benvid@s ao novo curso_ Xuntanza coas familias

Ola a tod@s!

Un novo curso da comezo e como sempre é un gusto vervos na xuntanza coas familias. Deixo as imaxes con toda a información que se falou na xuntanza, tanto para os que viñéchedes como para os que non puidéchedes vir.

En calquera caso, pregúntademe todas as dúbidas que teñades. Xa sabedes onde atoparme!

1.png

2.png

3.png.1

4.png.1

5.png

6.png

7.png

8.png

9.png

10.png

11.png

CONTINUARÁ....

 

48 entradas
Details