Acceder

A Pirámide Holográfica: Blender + KDEnLive

A pirámide holográfica era unha actividade moi boa para a materia de Tecnoloxía de terceiro da ESO cando traballábamos o tema dos plásticos. Tratábase de que o alumnado crease unha pirámide de proxección de hologramas que se axustaba perfectamente á pantalla do seu móbil ou tablet utilizando materiais de refugallo, concretamente caixas valeiras de CDs e DVDs.

Se pedía ao alumnado que medise o ancho da súa pantalla (L) e logo se lles guiaba para que se desen conta de que aplicando o teorema de Pitágoras podían calcular a diagonal dunha cara (dC) do cubo da mesma medida que o seu móbil. E a partir desas dúas medidas (dC e L), de novo por Pitágoras se pode calcular a diagonal interior do cubo (dI). Os catro triángulos que forman a pirámide teñen de base a medida da pantalla (L) e os outros dous lados miden a metade que esa segunda diagonal (dI/2) que calculamos. Faciamos un modelo en cartón e unha vez comprobado que as medidas eran correctas debuxabamos os triangulos cun rotulador permanente sobre o policarbonato da caixa de CDs e os cortamos cunha segueta ou cun cutter e os pegamos con cola termofusible. Podemos usar a pirámide de cartón como soporte para facilitar  o pegado.

 

image

 

Para a primeira feira de ciencias do Concello de Soutomaior fixemos unha que se adaptaba a unha pantalla de ordenador. Para evitar a entrada de luz, fixemos unha caixa de madeira completamente pintada de negro que deixaba á vista só unha das caras da pirámide. Utilizamos como base un dos moitos vídeos que aparecen en YouTube se buscamos “Holographic Pyramid”, pero lle engadimos algúns clips cos logos do concello, do IES de Soutomaior e da feira de ciencias. No seguinte tutorial explico como creamos un deses clips de video utilizando Blender e o programa de edición de vídeo Kdenlive.

 

image

 

Aquí tedes unha mostra de como funciona a pirámide.

 

 

E aquí comparto o tutorial cortado en anacos por si vos meten moito medo os tutoriais de máis de media hora.