3º e 4º animación lectura.png

3º de EP O pirata Ataripo: neste relato vivirás as aventuras do mono titi Ataripo, do seu amigo Chiopio, ratiño de barco, e da súa tripulación de pulgas marinas, que se lanzarán á conquista dos océanos nunha embarcación singular.

 

4º de EP Bruxa e familia: Poucas persoas saben os verdadeiros nomes das bruxas. Poucas persoas se atreven a descubrir os seus segredos. Este libro é para esas poucas persoas, as que escollen os camiños escuros, as que buscan os enigmas as que non foxen das arañas, as que non lle teñen medo ao descoñecido, senón que queren coñecelo.

 

Estas son as obras que o alumnado de 3º e 4º de EP do noso centro puido gozar hoxe dun xeito ben distinto ao haubitual.