Primeiros pasos

A fase A do proxecto é moi motivadora, pero tamén moi ocupada.

Neste momento xúntanse o contacto coa axencia organizadora, a creación do plan de difusión e a formación específica presencial que no noso caso recibimos no CFR de Coruña durante cinco días lectivos. No centro escolar, unha persoa substituta realiza as nosas funcións dende o primeiro día de curso presencial ata o último día de mobilidade: no meu caso dende o 28 de outubro ata o 7 de decembro.

Imágenes PIALE collage.png

Creación do plan de difusión

Dende Formaes recibín un recordatorio da realización do plan de difusión e un modelo de plan, polo que foi moi sinxelo de realizar unha vez que tiven clara como quería facer a difusión. Despois de realizar varias mobilidades Erasmus e de deseñar a difusión e o impacto no centro, decidín vertebrar o meu plan sobre tres eixos:

  • Difusión entre o profesorado cunha charla informativa, con este portfolio de Agueiro e a proposta da conmemoración "Family Day" aos equipos de centro.
  • Difusión entre o alumnado cun pequeno proxecto cultural
  • Difusión á comunidade educativa mediante unha exposición no centro, unha entrevista na radio local e a publicación da experiencia na web do colexio.

Plan difusion PIALE 2022.jpg

 

Formación presencial

Durante os días 28 de outubro e 2, 3, 4 e 7 de novembro asistimos a unha formación presencial no CFR de Coruña nove persoas. Alí coñecímonos e compartimos información que fomos investigando, consellos doutros anos... e comezamos a facer plans para o tempo de lecer, xa que Canadá ofrece mil e un plans!

Nas clases, ademáis, tivemos dous mestres e unha mestra que se encargaron da actualización lingüística e da información sobre o sistema educativo canadense así como de darnos consellos e ideas para aproveitar ao máximo o programa.

2.jpg

Grazas a Jamie, Joanne e Alan por darnos unha formación tan completa e útil sobre o que nos imos atopar en Ottawa no próximo mes!

Contacto con Red Leaf

O contacto coa empresa organizadora se produxo por vez primeira o 10 de setembro no meu caso (fun unha "repesca" entre as persoas substitutas). 

Durante os meses de setembro e outubro tivemos que enviar diversa documentación:

  • Carta do estudante
  • Formulario de información persoal (Canada Homestay Network)
  • Certificado oficial do nivel de inglés
  • Autorización electrónica de viaxe (ETA)
  • Certificado vacinación Covid

Como eu fun do segundo grupo en viaxar, a nosa reunión de información con Miriam, a responsable do programa PIALE en Redleaf foi o mércores 2 de novembro. Nela...

Por último...

Xa non queda nada!

 

Preparar a maleta!

Ir de viaxe un mes en novembro e decembro á segunda capital de país mais fría do planeta (soamente por detrás de Moscú), asusta un pouco, sobre todo á hora de meter todo o necesario en 23kg de maleta. Podía ser peor, podía ser en xaneiro e febreiro!

Aínda así, despois de ler moitos blogues e ver vídeos en Youtube, cheguei á conclusión de que toca levar moitas capas. Nos centros escolares a temperatura é moi agradable e na rúa depende moito da meteoroloxía, cada vez mais tola polo cambio climático. O normal de esperar son temperaturas entre -2 e 10ºC.

Nos coles cando neva, a xente leva botas de neve e un calzado de reposto para andar por dentro do edificio, bufanda, luvas, abrigo de plumaxe impermeable, medias térmicas... 

Finalmente, decidín levar na maleta a seguinte lista (Cando volva comentarei o que foi útil e o que non):

3.jpg

Fontes: