Diario de viaxe!

Viaxe Coruña-Ottawa

O martes 8 ás 15:30 reunímonos no aeroporto da Coruña. Alí emprendimos unha viaxe de 37h que nos levou a Ottawa:

Martes 8

  • Coruña-Madrid
  • Durmimos en Madrid

Mércores 9

  • Madrid-Toronto
  • Toronto-Ottawa

Ao chegar ao aeroporto recibíronnos as familias coas que nos imos hospedar durante este mes.

No meu caso coñecín a Deborah e Rick, que me trouxeron ata a súa casa, ceamos unhas hamburguesas con ensalada e alongamos todo o que fun capaz a sobremesa!

https://www.youtube.com/watch?v=W67e3cZ27jc&feature=share&si=ELPmzJkDCLju2KnD5oyZMQ

Viaxe Ottawa-Coruña

A viaxe de volta que nos esperaba foi de 25h dende o aeroporto de Ottawa ata que aterramos en Coruña. 

Os voos foron:

  • Ottawa-Toronto
  • Toronto-Munich
  • Munich-Madrid
  • Madrid-Coruña

No check-in que foi dende Ottawa ata Munich tivemos diversos problemas por peso. É o que ten levar a profes a un país estranxeiro, que as maletas veñen cargadas de libros e pesan moito. Despois de apañar, suplicar e conseguir pasar, tivemos tres voos ata Madrid que básicamente foron longos pero cómodos. No voo de Toronto-Munich ía unha parte grande do voo baleira, polo que puidemos usar os asentos libres para estar mais cómodos e durmir. Xa en Madrid, tivemos bastantes incidencias de maletas entre perdas, roturas e as que quedaron sen saír en Ottawa! Eu fun afortunada.

Ao chegar a Coruña, pasamos o Jetlag de vez, xa que estabamos tan cansos e cansas que ao chegar ás 21h fomos directos para a cama. 

E fin da aventura de 45 profes polos aeroportos do mundo.

Primeira semana na escola

A primeira semana na escola foi incrible. Observei diferentes formas de propoñer contidos, novos materiais, maneiras de organizar o ensino e organización de clase grazas a Michele, a mestra de quinto e sexto de educación infantil e Alena, a mestra de terceiro de primaria. As dúas son unhas grandes profesionais. Tamén, coo mestra de inglés atopei moitos materiais novos que poder traer á miña aula.

Atopeime benvida, coidada e atendida tanto na escola, como pola organización do programa e a miña familia, polo que a integración foi moi sinxela. A orientación de Constantine foi extremadamente útil para adaptarme á nova realidade e ata o momento, o programa está sendo moi positivo.

A próxima semana tratarei de participar na vida diaria da escola realizando diferentes actividades: lectura guiada na clase de lingua inglesa, levarei o meu propio material á aula de mates de terceiro de primaria e participarei no festival da hibernación na aula de infantil.

5.png.1

Ottawa

Segunda semana na escola

Durante esta semana puiden participar de maneira mais activa na aula. Integreime nas clases de infantil e primaria grazas a que Michele e Alena son extremadamente boas e amables. Ademais, sigo a descubrir novos materiais que utilizar na miña aula.

Tiven a oportunidade de sentarme con Alison, a directora da escola. Ela contoume sobre lexislación en Canadá, organización escolar tanto a nivel de centro como a nivel superior, planificación de aula, xestión de profesorado… e preguntoume sobre o sistema galego, polo que establecemos unha comparación moi beneficiosa para as dúas e que me axudou a entender moitas cousas que ata o momento descoñecía.

Ademáis, coñecín a Jim Taylor, un director xa retirado que substitúe a Alison cando está mala. Esto foi un shock para min, xa que non hai nada parecido no noso sistema educativo. Jim está moi interesado en programas internacionais de intercambio, ya que segue a impartir clases na universidade e ve o potencial que este tipo de programas teñen para a formación de profesorado.

Ata o momento a miña experiencia no centro está sendo fenomenal, sentido que estou crecendo tanto como mestra como persoa.

4.png.1

History museum

Última semana na escola. Conclusión.

Estar inmersa nunha escola canadiense, ter tempo para descubrir lugares, costumes, culturas e novas realidades fan crecer como mestra e como persoa.

Esta última semana colaborei con Alena na aula de mates, utilizamos Quiver para facer a transición de polígonos a figuras tridimensionais e aproveitei unha das suas actividades na que utilizaba moedas canadienses para introducir os nosos euros con material real, xa que levei unha peza de cada unha. 

Na aula de Michele en infantil, en decembro estaban comezando coas tradicións ao redor do mundo, polo que faleilles e realizamos os preparativos na casa para que veñan “os reis magos”, unha tradición que eles descoñecían. Ademais cantamos e signamos a canción “Quérote mais” do Sonoro Maxín, e ían todos contentos/as para a casa dicindo “carrot-e”. 

Realmente recomendo a outros mestres e mestras a que soliciten este programa. Si ben non é todo de cor rosa (estar na casa de persoas alleas, entrar na vida diaria, cambiar hábitos, abrir a mente, non parar, enfrentarse a problemas tanto cercanos como os que pasan a 6000km…), tratátase dunha iniciativa que vai mais alá de ver novos materiais ou decoracións de aulas. Axuda a reflexionar sobre a propia acción docente, a coller espazo, aire e a volver coas pilas ben cargadas e os obxectivos no seu lugar.

Dende o meu pequeno recuncho de Agueiro gustaríame agradecer a súa labor a todas as persoas envoltas no programa Piale e ás persoas que fan posible dende a escola que mestres e mestras poidamos vir e disfrutalo.

3.png

Montreal