Texto

Visto o interese na primeira sesión e o alcance da aprendixaxe, decidín preparar unhas estacións de aprendizaxe onde puidesen experienciar diferentes aspectos da vida, cultura e diversidade canadense. As estacións desenvolvéronse en inglés e foron as seguintes:

  • Coin Corner: xogo de mesa onde ían conseguindo moedas canadenses a medida que ían avanzando cos números de dado, polo que o obxectivo non era rematar antes senón ter a maior cantidade de diñeiro ao rematar o taboleiro.
  • History time: mediante flashcards de imaxes reais divididas en lugar, persoaxe e obxecto debían crear unha historia curta usando unha imaxe de cada escollida por eles/elas.
  • Northern chefs: a partir de imaxes de comidas típicas canadenses, debían escoller unha, pensar en que ingredientes usa, como se realiza e escribir a receita de cociña utilizando a técnica de folio xiratorio. Ao rematar, len a receita real.
  • Canadian drama: con marionetas de pau de diferentes animais canadenses e diferentes escearios, xogan a inventar historias en lingua inglesa
  • Explorer's corner: investigación coas tablets en equipo quizz sobre as provincias e os diferentes territorios canadenses. Xogo de visualización de elementos nativos canadenses nunha gran imaxe en equipo (Algonquin, Inuit).
  • Legendary animals: mediante imaxes de animais mitolóxicos, totems de diferentes tribos se lles pide que de maneira individual saquen ao azar dun saco o seu "animal mitolóxico", investiguen sobre el e creen un marcalibros no que por un lado está o animal mitolóxico e por outro  o seu totem persoal.